Monday 06 de May de 2024

Presenza de ordenses nos campionatos autonómicos e nacionais de salvamento e socorrismo


Os rapaces e rapazas de Ordes afeccionados ás probas de salvamento e socorrismo seguen deixando ben alto o palmarés do municipio. Recentemente Antía Martínez, do Club Natación Cerceda, proclamouse subcampioa galega infantil na proba de 50 metros manequín aletas. O Campionato Galego de Salvamento e Socorrismo tivo lugar no concello de Carballo hai escasos días.
Ademais conxuntamente coa gran socorrista local Lara López participou no Campionato de España finalizando nos postos 24º e 5º respectivamente. En ambos os casos a modalidade de competición foi a proba de 50 metros manequín aletas, aínda que no caso de Lara López foi na categoría cadete. As probas disputáronse en Valladolid a pasada fin de semana.